Nadal 2012

Pese á ameaza de facerse realidade a famosa profecía maia do fin do mundo para o 21 de decembro de 2012, nós puidemos pechar a nosa axenda este ano con dúas actuacións.

Unha no  Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo, onde compartimos escenario ca coral polifónica  Anduriña, e a outra no concello de  Baión invitados pola Agrupación musical O Castro xunto ó grupo Fiadas . Con estas imaxes desexámosvos a todos BO NADAL, que os vosos desexos se fagan realidade no vindeiro ano.


 
Abraham e Xandre, dous amigos inseparables

Aula cultural "Ponte das rosas"




Recollemos neste video a segunda parte da actuación do grupo o pasado 5 de outubro na aula cultural "Ponte das Rosas " de Gondomar. Na mesa central de esquerda  a dereita :  Xosé Luis Cochón, Cesar Cunqueiro, Alberto Casal, Xosé Luis Méndez Ferrín, Manuel González e Ceferino de Blas.

Homenaxe ós avós

Quen non ten avoa....non ten cousa boa !
 
 
 
En colaboración ca Asociación "Avoa",
o día 21 de Outubro
rendiremos unha pequena homenaxe a todos aqueles veciños de Coruxo
que celebran este ano
o seu 50 aniversario de vida en parella.
 
Repertorio:
 
María la O
Quen pudiera namorala !
El viudo del submarino
Largo
Valseiro
O cego andante
Pasión
Salió de Jamaica
 
***

A propósito de CUNQUEIRO


 O día 5 de outubro e en colaboración co IEM participaremos no acto de presentación da edición das cartas do notario Alberto Casal (na actualidade veciño de Gondomar) a Álvaro Cunqueiro.

Día: 5 de outubro
Hora: 8 da tarde
Lugar: Aula de cultura  Ponte das Rosas
          (Avda. da Feira, 10, baixo. Gondomar)

Repertorio: Marcha das chirimías, Quen poidera namorala!, O cego andante,Valseiro, Pasión .. etc.


ESPERÁMOSVOS !!



Noticia publicada no Faro de Vigo 06-10-2012
 

Marcha das Chirimías e de San Bieito

Orixinariamente o termo "chirimía" facía referencia a un instrumento de vento feito de madeira, semellante a un clarinete pequeno, con dez buratos e boquilla con lingueta de cana. Este pequeno instrumento de orixe oriental tivo un gran uso popular. Aquí interpretamos unha versión adaptada por Adolfo Paz para instrumentos exclusivamente de corda (violíns, bandurrias, viola e guitarras).

Festa da convivencia



Non hai felicidade sen amizade, por iso esperamos atopar a todos os nosos amigos o día 8 de Xullo no Centro Cultural de Castrelos, nuha nova edición da FESTA DA CONVIVENCIA que dará comezo a partir das 12:00 horas.